Convídase aos autores a enviar unha proposta a esta revista. Todas as propostas serán avaliadas por un editor para determinar se se axustan aos obxectivos e ámbito temático da revista. As que se consideren adecuadas serán enviadas a revisión por pares antes de decidir se serán aceptadas ou rexeitadas.
Antes de realizar un envío, os autores son responsables de obter os permisos necesarios para publicar calquera material incluído na proposta, como fotografías, documentos ou conxuntos de datos. Todos os autores identificados no envío deben dar o seu consentimento para figurar como tales. Cando sexa pertinente, a investigación debe contar coa aprobación dun comité de ética adecuado, conforme aos requisitos legais do país no que se realizou o estudo.
Un editor pode rexeitar directamente unha proposta se non cumpre os estándares mínimos de calidade. Antes de enviar, asegúrese de que o deseño do estudo e o argumento da investigación estean ben estruturados e claramente expostos. O título debe ser conciso e o resumo debe poder comprenderse por si só. Isto aumentará a probabilidade de que os revisores acepten avaliar o artigo. Cando considere que a súa proposta cumpre estes criterios, siga a lista de comprobación que aparece a continuación para preparar o envío.
Listaxe de verificación para preparar envíos
Todas as propostas deben cumprir os seguintes requisitos.
Esta proposta non foi publicada previamente, nin está sendo considerada por outra revista
Todas as referencias foron verificadas en canto á súa exactitude e integridade.
Todas as táboas e figuras foron numeradas e etiquetadas correctamente.
Obtívose permiso para publicar todas as fotografías, conxuntos de datos e outro material incluído con esta proposta.
Artículos
Política de sección por defecto
Declaración de privacidade
Os nomes e os enderezos de correo electrónico que se atopan no sitio web desta revista utilizaranse exclusivamente para os fins indicados nela e non estarán dispoñibles para ningún outro uso nin para terceiros.